CONVOCATORIA 4º ESO (para edición 2021) e 3º ESO (para edición 2022)

Requisitos

Os adxudicatarios da presente convocatoria serán os alumnos e alumnas, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos que cumpran os requisitos que a continuación se sinalan:

  1. Estar a cursar 4º da ESO (para edición “Vigo en Inglés 2021”) ou 3º da ESO (para edición “Vigo en Inglés 2022”) nun centro educativo do Concello de Vigo sostido con fondos públicos durante o curso académico 2021/2022.
  2. Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.
  3. Ter obtido como mínimo unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO.
  4. Estar empadroado/a no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2021, dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
  5. Non ter concedida, no ano 2022, outra axuda coa mesma finalidade.
  6. Ter DNI/NIE, permiso de residencia e/ou pasaporte en vigor (éste último no caso de ser necesario pola esixencia documental do Brexit).

Deberán solicitar a praza os representantes legais (pai e nai ou titor/a legal) dos alumnos e alumnas.

Aviso legal