CONVOCATORIA 4º ESO (para edición 2021) e 3º ESO (para edición 2022)

Como participar

Os/as alumnos/as interesados/as poderán consultar a información do programa e durante o prazo habilitado ao efecto, solicitar a participación mediante a presentación do Formulario de Solicitude dispoñible nas webs https://escolas.vigo.org/vigoeningles e/ou https://www.vigoeningles.org/convocatoria

Para que o Formulario de Solicitude sexa válido é necesario proceder ao seu rexistro por calquera destas dúas vías:

  • Solicitude telemática (vía preferente): Seguindo as instrucións que se indican e unha vez cuberto o Formulario de Solicitude aloxado nas páxinas web https://escolas.vigo.org/vigoeningles e/ou https://www.vigoeningles.org/convocatoria terá que entrar no rexistro xeral na sede electrónica do Concello de Vigo, (vigo.org/solicitude-vigoeningles) e premer o botón "tramitar por internet" onde haberá que incorporar o arquivo resultante do proceso anterior (Formulario de Solicitude), asinado polo pai e nai ou titor/a legal, outros/as. Unha vez realizado este proceso poderá descargar o xustificante do Rexistro.
  • Solicitude presencial: Unha vez cuberto o Formulario de Solicitude aloxado nas páxinas web https://escolas.vigo.org/vigoeningles e/ou https://www.vigoeningles.org/convocatoria, deberáse obligatoriamente imprimir e asinar polo pai e nai, titor/a legal, outros/as o documento resultante (Formulario de Solicitude) e, acompañado da documentación requerida se fose necesario, presentalo no Rexistro Xeral do Concello de Vigo de luns a venres en horario de 9,00 a 13,30 hrs. (previa cita nos teléfonos 010 / 986810260 / 986810100 ou na web citaprevia.vigo.org), ou en calquera dos lugares establecidos no art.16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).

    No caso de que a solicitude sexa enviada por correo postal, será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que o/a funcionario/a da oficina de correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa certificación postal. Así mesmo, o/a solicitante fará chegar mediante correo electrónico á oficina do programa VIGO EN INGLÉS ubicada no servizo municipal de educación, xustificante do envío postal.

É imprescindible que o formulario de Solicitude vaia asinado polo/a pai, nai ou titor/a legal, outros/as, o que poderá facerse manual ou dixitalmente.

O prazo de presentación de solicitudes será do luns 22 de novembreo ao martes 21 de decembro, ambos incluídos.

Aviso legal