CONVOCATORIA ORDINARIA 3º ESO - 2020

Formulario de solicitude

A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 5/Xuño/2020, aprobou a modificación da base IV “Publicidade e Prazo” das bases específicas para o desenvolvemento da convocatoria para a adxudicacion de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa (VIGO EN INGLÉS 2020) dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación complementaria correspondente para participar no programa municipal “Vigo en Inglés 2020”, será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da modificación das bases aprobada por acordo da Xunta de Goberno Local no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP).

Dado que a modificación das bases se publicaron o martes 09/06/2020 no BOP Nº 109, O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ DO MÉRCORES 10 DE XUÑO AO XOVES 9 DE XULLO DE 2020, AMBOS OS DOUS INCLUÍDOS.

Procedemento:

O procedemento para a presentación de solicitudes no programa “Vigo en Inglés 2020”, está suspendido dende o pasado día 16/03/2020 pola declaración do estado de alarma.

Para ter formalizado a súa solicitude, todas aquelas persoas que xa enviaron con anterioridade o formulario de solicitude xunto coa documentación requerida deberán imprimir únicamente a solicitude, asinala (ambos proxenitores sempre que non sexan familias monoparentais) e rexistrala no prazo establecido, (electrónica ou presencialmente):

• rexistro electrónico do Concello de Vigo (preferentemente)
(https://sede.vigo.org/expedientes/tramites/tramite.jsp?id_tramite=868&lang=gal) e premer o botón “tramitar por internet”

• presencialmente no rexistro xeral do Concello de Vigo. Para éste último debe solicitar cita previa nos teléfonos -opción Educación- 010 / 986810260 ou na web
https://sede.vigo.org/expedientes//formularios/sol_cita_previa.jsp?lang=gal

AQUELAS PERSOAS INTERESADAS, QUE AÍNDA NON REALIZARON A SOLICITUDE, DEBERÁN FORMALIZALA DENTRO DO PRAZO ESTABLECIDO, ENTRANDO NO SEGUINTE ENLACE WEB https://escolas.vigo.org/vigoeningles, cubrindo os datos requeridos no formulario web e posteriormente, unha vez cuberto e enviado deben imprimilo, asinalo e rexistralo, electrónica ou presencialmente, según os procedementos indicados anteriormente.

Poden adxuntar a documentación requerida a través do enlace que figura no correo electrónico de confirmación de envío do formulario de solicitude ou ben xunto coa solicitude no rexistro (electrónico ou presencial). É importante que a solicitude vaia asinada por ambos proxenitores excepto no caso das familias monoparentais que deberá ir asinada polo/a proxenitor/a que teña a guarda e custodia do/a menor.

Máis información en:

www.vigoeningles.org

no correo electrónico: vigoeningles@vigo.org

Nos teléfonos: 986 81 01 81 / 621 275 169 / 638 531 827 (Luns a venres en horario de 8 a 14 hs)

Aviso legal